“Neste novo poemario, a autora accede ao dicir poético dende a realidade cotiá das pantallas, os códigos binarios, a virtualidade e as memorias sempre difusas, inmediatas e volátiles, dos trebellos electrónicos que nos circundan e fan ser a clase de almas que agora somos. Unha voz poderosa en clave de bit poético”.
(Editorial Galaxia)
DETALLES
Páxinas: 100
Deseño: Rústica con lapelas
Dimensións: 125 x 220
Data Publicación: 03/09/2018
Colección: Dombate
Editorial: Galaxia
ISBN: 978-84-9151-194-6
Edición: 1
Nº na colección: 79
“Unha proposta poética orixinal e estimulante, coma sempre que se andan camiños que apenas comezan a ser transitados”
Mario Regueira“A autora favorece varios xogos de referencias: códigos binarios, actualizacións, glitches, a técnica da montaxe e a fotografía, para contar un mundo distópico e sensorial”
Alba Cid“Un percorrido pola nosa coindición de imaxes, de iconas, e a nosa necesidade de penduralo todo”
Estíbaliz Espinosa“Unha reflexión en versos que parece ampliar os postulados de Walter Benjamin no seu famoso ensaio de 1936: no mundo contemporáneo, a poesía da autora ourensá atravesa as pantallas e desafía a súa aura recargable”
Marco Paone“A poesía de Celia Parra neste poemario é dunha altura que nos abanea con aloumiños. Unha poesía que, pouco a pouco, poema a poema, sacode a nosa conciencia lírica, espabílanos, ilumínanos desde a súa revelación lírica.”
Xosé Manuel Eyré