O libro dos Reis Magos

“A Rede de Dinamización Lingüística, na reunión ordinaria do seu Consello de Membros celebrada en decembro de 2011, aprobou a planificación de actividades deste organismo para o ano 2012 na que se contemplaba, entre outras medidas, a elaboración dun libro de discursos dos Reis Magos que permitise darlles voz en galego durante as cabalgatas do 5 ao 6 de xaneiro.

O libro dos Reis Magos desenvolve esta acción deseñada polos técnicos da Rede de Dinamización Lingüística co fin de favorecer o uso do galego por parte das nenas e nenos, vinculándoo ás experiencias positivas das festas de Nadal: incorporar a lingua galega ás actividades sociais e de lecer organizadas nestas datas ou darlle visibilidade ao galego nos espazos de tránsito masivo propios destas festas. ”

(Xunta de Galicia)

DETALLES

Páxinas: 59
Deseño: Rústica, tapa dura
Data Publicación: 2012
Editorial: Secretaría Xeral de Política Lingüística, Editorial Galaxia
Depósito Legal: VG 775-2012
Edición: 1

Podes ler 'O libro dos Reis Magos' online aquí

Usamos cookies propias para proporcionarche unha mellor experiencia de uso. Se continúas navegando, entendemos que aceptas a política de cookies. Política de cookies

Los ajustes de cookies de esta web están configurados para "permitir cookies" y así ofrecerte la mejor experiencia de navegación posible. Si sigues utilizando esta web sin cambiar tus ajustes de cookies o haces clic en "Aceptar" estarás dando tu consentimiento a esto.

Pechar