“A nosa luzada iluminaranos a todas” é un verso dun poema de Uma Rani, unha das autoras deste volume que recolle os textos de 16 mulleres que participaron nos obradoiros de escrita realizados en Galicia e en Támil Nadu por Implicadas no Desenvolvemento (www.implicadas.com), ademais das ilustracións de 3 colaboradoras. Estes textos dan a palabra escrita, nalgúns casos por primeira vez, a quen precisa urxentemente tela para rematar coas escuridades que tecen as explotacións. As súas palabras son luzada que nos ilumina para explorar e explorarnos.
(Implicadas no Desenvolvemento)
DETALLES
Páxinas: 100
Deseño: Tapa branda
Data Publicación: 2013
Editorial: Implicadas no Desenvolvemento
ISBN: 978-84-616-5598-4
Edición: 1