“Velaquí un caleidoscopio de voces corais a reviviren, compañeiras da palabra e da imaxe, as viúvas de vivos e mortos canda os despoxos/da man opresora ou a persistente cartografía xeográfica castelá que obriga a repetir a historia de amos e escravos. Velaquí un novo presente poético reparador para o encontro amoroso, a tintada do sempre osixenante humor e a viaxe cultural internacionalizadora. Velaquí unha auténtica constelación poética que multiplicador ramo de froles parece en que a copla popular cede o paso ao solemne soneto e o octosílabo rimado ao versolibrismo experimental e á prosa poética.”
(Mercedes Queixas Zas)
DETALLES
Páxinas: 411
Deseño: PDF
Data Publicación: 02/2015
Coordinación: Suso Díaz