
Pantallas naceu dun proceso de remix de libros, vídeos, pezas artísticas, series, anuncios de televisión e redes sociais. Aquí, unha guía-caixón desastre para acompañar a lectura, descubrir os referentes que inspiraron moitos dos poemas, descubrir as lecturas que atravesaron o proceso de escritura e afondar en aspectos que percorren o libro. Unha fiestra ao universo Pantallas.
“Apres le feu” (Jacques Perconte, 2010)
O uso que Jacques Perconte fai do cromatismo e do glitch inspiraron directamente o primeiro poema de Pantallas. Esa beleza do erro (do glitch) atravesa o libro. Puiden descubrir este autor grazas ao (S8) Festival de Cinema Periférico da Coruña
O glitchBlack Mirror T2 E4 “Be right back”
Black Mirror foi unha grande inspiración para Pantallas. Neste episodio, explóranse as implicacións dun servizo que permite “revivir” a unha persoa morta a partir da combinatoria de conversas previas en redes sociais e gravacións de voz, ben ensambladas como software, ben insertas nun robot feito a imaxe e semellanza do difunto. Atoparás un poema inspirado nisto na páxina 73
O tacto do códigoAlicia no País das Marabillas
Os espellos percorren Pantallas. Durante a súa caída polo burato do coello, Alicia descobre un espello que lle devolve unha imaxe distorsionada, ao revés, de si mesma. A propia caída é, para min, un asomarse ao espello e descubrir esoutra dimensión onde só é posible atopar unha copia, sen tacto nin olor, da nosa imaxe.
O espello“La sociedad de la transparencia” (Byung-Chul Han, 2013)
Interesoume moito a revisión do Panóptico de Bentham como “panóptico dixital”. Como non podo extractar aquí todo o libro, déixovos só con dúas citas (ademais da que abre Pantallas): “El exhibicionismo y el voyeurismo alimentan las redes como panóptico digital”. “No es bello el brillo instantáneo del espectáculo, el estímulo inmediato, sino la fosforescencia silenciosa”. Un libro de cabeceira.
O panóptico“La obra de arte en la época de su reproductibilidad técnica” (Walter Benjamin, 1936)
Interesoume desta obra de Walter Benjamin o concepto de “aura”, e como pode ser examinado á luz da actualidade. Se todo pode ser xa infinitamente reproducido e modificado (filtos Instagram, retoques Photoshop), existe aínda algo que poida considerarse auténtico, único, unha experiencia do irrepetible? Vale máis algo en si mesmo, ou en tanto pode ser exposto?
A aura
“1984” (George Orwell, 1948)
Na distopía 1984 de George Orwell, “el Gran Hermano te vigila” a través de ollos e pantallas en todas partes, e no “Ministerio de la Verdad” reescríbese a historia. No poemario, quixen imaxinar un mundo dominado polas pantallas, non só presentes como ferramenta de vixilancia senón como materia prima do mundo. Aínda así, a Historia é un longo Canto, a historia escrita en verso e en papel, nun longo poema que sobrevive incorrupto ante o mundo dixital.
As pantallas e o CantoAnuncio de “Nutrispoon”
Nutribén trouxo a distopía ao presente coa creación de “Nutrispoon”: unha culler con soporte para móbil que inclúe unha app reprodutora de hologramas, deseñada para facilitar o proceso de darlle de comer aos bebés. O avionciño de toda a vida, versión 3.0. Podes ler un poema inspirado nisto na páxina 25
A textura líquida do hologramaBlack Mirror T3 E1 “Nosedive”
En “Nosedive”, un contador de impresións puntúa as interaccións sociais e mide a popularidade de cada individuo na sociedade. Esta sátira sobre como manexamos a nosa auto-percepción e a imaxe que queremos ofrecer de nós inspirou poemas coma o da páxina 79 ou 53
Un contador de impresións